Modestya

Misión, visión e valores

Coñece ao Grupo de Investigación MODESTYA

O Grupo de Investigación MODESTYA (GI-1914) integra estatísticos, expertos en investigación operativa e teóricos de xogos cun propósito común: crear e transferir coñecemento que axude a empresas, administracións e á sociedade a tomar decisións baseadas en datos. Este compromiso coa excelencia e a utilidade práctica guía todas as nosas actuacións.

Misión

O GI-1914 é un grupo de referencia competitiva no seu ámbito de coñecemento, tanto pola súa actividade investigadora en ciencia básica (estatística, investigación operativa, teoría de xogos e optimización) como pola transferencia de resultados ao sector produtivo.

Visión

O GI-1914 pretende consolidarse como un referente da investigación de excelencia orientada á cuantificación da incerteza en escenarios complexos, tanto a nivel nacional como internacional, querendo ser recoñecido non só pola calidade e cantidade das súas publicacións, senón tamén pola súa capacidade de transferencia de coñecemento ao tecido económico e social e o seu papel como dinamizador da cultura científica.

Valores

O GI-1914 desenvolve a súa actividade baixo os principios de excelencia científica, colaboración tanto dentro do grupo como con outras áreas, igualdade de oportunidades e compromiso coa ciencia aberta.

Impulsemos xuntos o teu próximo desafío.

Contacta co noso equipo para explorar colaboracións, proxectos de investigación ou servizos de consultoría a medida.