Consultoría

O Servizo de Consultoría Estatística

O Servizo de Consultoría Estatística nace co apoio dunha axuda económica da Xunta de Galicia, a través da convocatoria para Grupos de Referencia Competitiva. O grupo Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (GI-1914) estableceu como prioridade para a súa consolidación como estrutura de investigación de excelencia, unha reorganización das actividades do grupo en tres unidades, atendendo ás características da actividade investigadora interdisciplinar realizada polos seus membros. A axuda económica recibida investíuse actualmente na contratación dun técnico coordinador do Servizo de Consultoría.

Entidades coas que colaboramos

  • logo-ministerio
  • logo-grupo-agroamb
  • logo-ingenio_grande
  • acsug
  • Logotype_of_Universidade_de_Santiago_de_Compostela.svg
  • UGR-MARCA_UG
  • feuga
  • forGa-logo
  • ccs-abogados.jpg
  • Logotipo_de_FCC
  • Logotipo_de_la_Xunta_de_Galicia.svg
  • caixagalicia
  • ecoembes
  • LOGO-OFICIAL-DEPUTACION-LUGO-COR_0
  • Inditex-Logo-500x283-1
  • idom
  • nuevoLogoCesga_mayo2023
  • CIG_P200_Sobre_Blanco_www
  • logo-IGE
  • imath-ingenio-201
  • endesa
  • lacaixa
  • 1200px-Logo_SERGAS
  • cluster-alimentario
  • 1340257228217-Applus__Norcontrol_amplia_desktop
  • logo_novotec
  • logo-ferroatlantica
  • usc_consello_social
  • turgalicia

Actividades da Consultoría

Unha das actividades habituais do departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC foi a colaboración con outros departamentos, institucións oficiais, empresas e particulares no ámbito da transferencia de tecnoloxía e a asesoría estatística. Esta ampla experiencia reflíctese en numerosos traballos de investigación e contratos con administracións públicas e empresas privadas.

Servizos da consultoría

No ámbito universitario da USC

Apoio ao alumnado en traballos de fin de grao, mestrado e tese; asesoramento a departamentos ante dúbidas e problemas específicos que se lles presentan. Destacan o Departamento de Planificación Forestal, o Departamento de Filoloxía Galega, o Departamento de Enxeñaría Agroforestal, entre outros...

Outra universidade ou institución pública

Departamento de Didáctica da Expresión Corporal da Universidade de Vigo, Laboratorio de Antropoloxía da Universidade de Granada...

Outra universidade ou institución pública

Biocen, Concheiro & Seoane, FCC S.A...

Tipos de asesoramento

Metodolóxico puntual

O servizo responde á consulta plantexada polo investigador ou solicitante (asesoramento sobre o deseño do estudo, a metodoloxía estatística a aplicar e a interpretación dos resultados), pero sen realizar o traballo que isto implique. Este tipo de asesoramento está indicado para aqueles investigadores que coñecen o método estatístico, a linguaxe e o software relacionados co seu problema e que teñen algunha dificultade por resolver.

No caso de que o asesoramento non implique un informe de resultados, o servizo prestado será gratuíto; no caso contrario, aplicarase unha tarifa.

Asesoramento de análise asistido

Realiza todo o traballo que implique a consulta plantexada polo investigador ou solicitante, coa elaboración do informe correspondente.