O CPI Laureano Prieto de A Gudiña (Ourense) e o IES A Xunqueira 1 (Pontevedra) son os gañadores do terceiro concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ que convoca a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Galego de Estatística e a Fundación Barrié. A entrega de premios tivo lugar este xoves na Facultade de Matemáticas compostelá.
28 julio 2025







