A II Xornada de presentación de Software Libre Científico desenvolverase o día 25 de abril en Matemáticas
16 April 2019
Algoritmos en emergencias: extinción de incendios
14 May 2019

Noticias

Rosa Crujeiras: «Os libros que había na miña casa cando era nena estaban en braille»

29 April 2019

Rosa Crujeiras naceu en Artes, a aldea máis pequena de Ribeira. Foi boa alumna, e o director da súa escola recordoullo a seus pais: «Un día, cando estaba en oitavo de EXB, chamounos para preguntarlles se ía seguir estudando, e meus pais dixéronlle que claro que si». Aquel profesor non quería que se perdera o seu talento, e así llo recordou á súa familia. Rosa siempre quixo ser docente, pero non tiña moi claro de que. Gustábanlle os idiomas, pero as matemáticas divertíana, así que se decantou por esta carreira. O azar quixo que fixera a selectividade na Facultade de Matemáticas, «foi casualidade, eu xa o tiña decidido».
Leer más