O Instituto Nacional de Estatística (INE) acordou outorgar o seu Premio Nacional a Wenceslao González Manteiga, catedrático de Estatística e Investigación Operativa na USC, en recoñecemento ás súas achegas nos últimos 30 anos na modelización non paramétrica de dinámicas e dependencias en sistemas complexos e ao desenvolvemento da estatística non paramétrica. “Estou moi feliz porque este é na actualidade o premio máis relevante a nivel nacional no seu ámbito e ao que concorren moi bos candidatos”, sinalou o profesor González Manteiga, non sen antes lembrarse dos compañeiros e compañeiras, así como do seu alumnado, xa que este é un galardón a toda unha traxectoria, segundo recolle a universidade compostelá.
Leer más
28 July 2025







